-Café, Dorothé?
Preguntábanlle as mulleres cando pousaba a gravadora sobre a mesa das dúas cociñas.
-Café, Dorothé?
Preguntábase a si mesma nas longas horas de poñer por escrito as cancións que lle cantaran.
-E vós, queredes café?
Porque imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé escritasnos seus libros. Con café e algo máis Dorothé logrou realizar esta obra que a día de hoxe segue a ser considerada o máis amplo repertorio da musical popular de tradición oral galega. Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva presentan este espectáculo para público familiar con versións moi persoais das melodías do cancioneiro. Unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega.
Público familiar (nenos de 3 a 12 anos)