CANDORKA BAND

Despois do éxito do seu primeiro traballo, Candorka ten novo sinxelo en formato banda. Trátase de “Muíños”, unha canción de amor e desamor que fai dialogar a tradición galega coa bielorrusa. Toman como punto de partida eses muíños que andan e desandan, para conxugar, en dúas línguas ben diferentes, cantos de mulleres que amaron e desamaron. A formación está composta por Brais Monxardín na gaita, Vadim Yukhnevich á voz e acordeón, Miguel Anxo López na percusión, Toño Otero no saxo tenor, Pablo Dalama no saxo alto, Óscar Prieto na tuba e, nesta ocasión, as pandereteiras de Cántigas e Frores á voz. Candorka Band constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio as músicas de raíz e a vontade de expresalas desde a experimentación, un proposta contemporánea que abrangue desde o son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global.

Los comentarios están cerrados.