Despois de innumerábeis intervencións na comarca da Ulloa,
comando curuxas sae do seu refuxio e amplía radio de
acción a todo o país. Armados con repertorio vocal e instrumental
pensado para o baile da Terra, están dispostos a asaltar calquera
torreiro e a manter viva a chama da resistencia musical.
Iniciaron xa o proceso de recrutamento de forzas aliadas e
ameazan con facer correr ríos de muiñeira.
Saúde, camaradas!