Cun inevitable carácter divulgativo e por momentos didáctico, presentamos esta antoloxía de repertorio que xurde tanto dos propios acordeonistas tradicionais coma doutros instrumentos que conforman a riqueza e variedade tímbrica de Galiza: o canto, o violino, a gaita, a zanfona ou a requinta. Un cancioneiro onde se ten en conta a Galiza “natural” e é por iso que engadimos repertorio das áreas que hoxe son arraianas (occidente astur, norte de Portugal, León, Bierzo ou Sanabria)
Despois de cinco anos de elaboración e unha longa traxectoria adicada ao traballo de recompilación de fontes orais e escritas, transcribindo o repertorio musical e adapatandoo para acordeón diatónico así como poñendo en práctica todo ese coñecemento mediante a impartición de aulas, este traballo ve a luz por fin en Galiza. Cunha inquedanza internacionalista, que permite o achegamento das melodías galegas a acordeonistas non só de Galiza e da Península Ibérica, senón de Europa e outros continentes.