MALEDUCADAS

MALEDUCADAS
Poesía en concerto

Nace Maleducadas entre o Val de Lourenzá (Lugo_Galiza) e o occidente asturiano,  coa pegada do poema raícento para mellor respirar. Xúntanse aquí por vez primeira estes tres artistas galegos de mundos moi diversos, para dar luz á flor da amizadeprofunda e a labor no palco ao servizo da creación compartida. Nacho Muñoz, Chefa Alonso e Marina Oural, dánse na composición escénica con textos, voz, piano, saxo, percusión, poema composto e improvisado, conversa, emocións, corpo, mazás, moa de afiar ou unto. Ingredientes de pobo orixinario galegodescendente, afondan no significado das palabras para engarzalas á música e o movemento nunha proposta onde a plástica escénica é unha compañeira máis. A improvisación libre e a composición conforman un todo entre as diferentes artes, nun acto de comunicación dirixido a todas as capacidades, idades, territorios e culturas desta terra que habitamos.

Los comentarios están cerrados.