“Matriarcado". O canto como berro. Zoelas. Música tradicional fusionada con outros estilos. Un dicire propio, que agroma do canto do País para pendurarse en arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos. Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra que ferve e que, máis tarde que cedo, "botará por fora”.
ZOELAS SON:
Beatriz García (Voz) Pilar Naveira (Voz) Érica García (Voz) Patricia Coucheiro
(Voz) Michel Rivadulla (Guitarra) Bruno Villamor (Requinta, Zanfona e Gaita) Miguel
Varela “Miki” (Percusións).
Zoelas é un grupo que aposta polo canto coral feminino, pero unido a canto tradicional de aquí e de aló.