A Comuna del Barruzo

Primeiro disco -libro en gallego-asturiano pra nenas, nenos y adultos qu’inda lo son.

Direción artística y composicióis: Ugia Pedreira
Produción musical, grabación, mezcra y composicióis: Pierrot Rougier.
Ilustracióis: Mónica Justo.
Colaboradores: Rosa Cedrón (cello), Quim Farinha (violines), Chus Diaz (sitar), Marina Oural (declamación)
Idea orixinal y productora executiva: Mialma producióis Creativas.
Editorial: Noente Paradise (a Central Folque)
Maquetación: Ricardo Cabanelas.
Masterización: Estudios Abrigueiro.
Este disco libro sitúase e inspirase nel territorio Eo-Navia nel Occidente asturiano, sito unde viven os habitantes da Comuna del Barruzo y os seres que la protexen. El disco libro consta de 10 cancióis escritas en gallego-asturiano , unhas, de poetas da zona como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico y Arturo Álvarez y as outras autorias son del bretón amigo da Comuna Nicolás Kervazo, de Ugia Pedreira y Pierrot Rougier, estos últimos cantores y compositores das músicas. Unha obra concebida entre as cosmovisióis de bretóis, galegas y astures. É a COMUNA DEL BARRUZO unha oda á ruralidá como fonte auténtica, fonte de recursos pra supervivencia, unha alabanza á naturaleza y polo tanto el sou máximo respeto y cuidado, unha apoloxía dos contrastes y diferencias. É a confirmación da riqueza de imaxinario, hipotesis, patrimonio material e inmaterial que xenera unha zona de tránsito, de fronteira como el territorio entre estos dous ríos, Eo-Navia. Este libro disco aporta un trabayo de alta calidá pra abrir unidades didáticas pedagóxicas na enseñanza del gallego-asturiano y pra constatar a importancia que ten el Arte achegada al territorio como columna vertebral dunha comunidá que se respeta, que se cuida y se desenvolve nel.
Cada canción vai identificada con un Ser Máxico que protexe a quen mora na Comuna del Barruzo y son responsables de manter unha serie de valores necesarios pra boa convivencia.
A Nena Pisquela _ A Isla dos Ventos_ Nayundes_ Irmá Florita_ A toba_ Natura_ O ser das Ervas_ O dicotín_ Gargallú_ A Encantada.
Os valores da Comuna del Barruzo ríxense por estos baremos: a ecoloxia como hàbito/ a creatividá como salú / a curiosidá y a variación son motores da intelixencia / a non exclusión de ningún ser dentro / el aprovechamiento de lo natural sin manipulación / os sonos como información valiosa de futuro/ el xogo como pilar de relación / a proximidá de recursos materiales e inmateriales como sustentabilidá/ aceptación de todas as emocióis como informativas pra millorar a sua xestión / empoderamento da imaxinación y consentimiento dos páxaros na cabeza / tolerancia col aburrimiento pra verse dende fora y dentro / el cambio como poder transformador / a improvisación como compañeira de camíos
Os ritmos das cancióis van dende pop-rock a orquestacióis máis clásicas de música de cámara, a concepcióis máis étnicas, detalles de folk galegoastur, bretón, gaélico, da India, sonidos que recordan dibuxos de Miyasaki, tedes un reegee, ou rag-time, todas as músicas creadas pra ser bailables cargadas de detalles, de reminiscencias del pop-rock internacional. A Comuna del Barruzo aposta pola expresión del movimiento como manifestación de vida y polo tanto de aprendizaxe.
A modo pedagóxico cada letra leva indicado a variedá instrumental que se interpreta pra trabayar a sua identificación na escola, na casa ou unde se quiera, creandose asi paisaxes sonoras diferentes adatados a temática y al Ser máxico, atoparedes dende cromorno antigo, guitarras diferentes, sitar, cello, flautas, mandolinas, panderetas, caixon, pandeiros, violines, silvos, carraca, sintetizadores, samples…
As letras y poemas apelan a determinados puntos da comarca con el contexo social mundial, siguen unha línea de humor y firmeza “sin infantilizar” el discurso e incentivando á pregunta y cuestionamiento como camín posible.

   

No hay comentarios

Agregar comentario