De Botóns

O libro "de Botóns" (así se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas da Galiza) consta dunha selección moi escollida de repertorio galego adaptado a este instrumento. Un traballo escrito con perspectiva de xénero procurando que os textos foran inclusivos e cunha parte moi interesante de antropoloxía, onde engadimos fotos (case todas inéditas) de acordeonistas antigos de Galicia (mulleres e homes) así coma unha parte bibliográfica ca orixe de cada música.Somos dous autores, grandes coñecedores deste instrumento (Carlos Quintá máis Pedro Pascual) e unha serie de colaboradores especialistas en diferentes áreas como Benxamín Otero ou José Dopico Orjais. Despois de cinco anos de elaboración nace este traballo, feito desde Galiza cun carácter internacionalista, para que poda chegar a acordeonistas diatónicos e instrumentistas non só da Galiza senón da Península Ibérica e Europa (onde o instrumento está a gozar de muito suceso). Non contemplamos as fronteiras políticas se non as culturais; é por iso que incluímos tamén pezas dos territorios  que nalgún día foron galegos ou non existe barreira cultural (O Bierzo, Eonavia ,León,  Portugal, ...).

No hay comentarios

Agregar comentario