Libro disco familiar inspirado nas recollidas de campo ao longo de Galicia pola etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth do 1978 a 1984.
Trátase da realización dun libro + CD destinado a público familiar que contén 11 temas musicais. Con arranxos propios a partir do estudo e selección das recollidas de campo feitas ao longo de Galicia pola etnomusicóloga suíza, Dorothé Schubarth, entre os anos 1978 e 1984. Á revisión e reactualización musical a público familiar súmanse a creación de deseños orixinais sobre as letras e as peculiaridades dos lugares onde se recolleron, e que abarcan distintos camiños andados por Dorothé (moitos deles dentro dos roteiros do Camiño de Santiago) nunha especie de peregrinación musical e etnográfica que a trouxo a Galicia. Camiños non só físicos senón de liberdade e dignificación cultural da cultura tradicional desde a óptica feminina.